Enrique's profileEspacio de Quique RoxiosPhotosBlogListsMore ![]() | Help |
Espacio de Quique RoxiosA terra dos albiois, entros rios Navia - Eo, esconde un pequeno llugar, oculta un rigueiro, el rigueiro de Roxíos, que observa un mundo que desaparece |
||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pra falar con
|
Regalo de Lucía IglesiasLucía Iglesias, escritora de poemas, lluitadora incansable pola igualdá da muller i enamorada de San Martín de Ozcos, informa a este espacio dúa canción inédita del cantautor de Xixón Nacho Vegas. A canción títúlase Marquesita, (pódese ver nel video), transmite ese xeito de vida tranquilo, propio dos mundos que inda forman parte da naturaleza viva.
Xa chega con ver el apuro que ten el propietario del taller de mecánica rápida que podemos atopar na calle de Calasparra de Madrid;
Antonio Fernández respira, seguramente sen darse conta, el espiritu dos Ozcos i por un momento non pode sinon dexar as presas propias del sou negocio pra oler el brezo, sentir el aire de Mon,
e perderse entre colores de llouxas.
Gracias Lucía por compartir este regalo de Nacho al querido San Martín.
Donde su funde orbayu y sol,
donde comienza la ruta de Mon, y hay pasión, por andar y no retroceder, tu dices "por allí" que yo diré "amén". Donde el brezo enseña su flor, donde hay pizarra bajo cada sol, no tienes que temer, los lobos muestran ternura al morder... Confesaré cualquier cosa a sabiendas de que puedo hacer algo mucho peor, y vemos un monte que acaba de arder y que ahora parece bañado en carbón. Y aullo, amor, que nos vaya bien, aullo, amor, que nos vaya bien. Donde la senda es circular, donde hay cocinas de leña como en el Nepal, y el mal vive justo allí, en la última casa que hay en San Martín. Donde puse a prueba mi fe, donde el silencio se puede tocar y morder, dime quien nos protegerá, de cada curva y de lo que hay detrás... Confesaré cualquier cosa a sabiendas de que puedo hacer algo mucho peor, y en su negrura esta noche fatal es perfecta igual que un acorde mayor... Y aullo, amor, que nos vaya bien, aullo, amor, que nos vaya bien. Confesaré cualquier cosa a sabiendas de que puedo hacer algo mucho peor, y pienso en aquello que quise perder y ahora me reconozco solo en la pasión. Y aullo, amor, que nos vaya bien, aullo, amor, que nos vaya bien. Confesaré cualquier cosa a sabiendas de que puedo hacer algo mucho peor, confesaré cualquier cosa a sabiendas de que puedo hacer algo mucho peor, y ahora confesaré cualquier cosa a sabiendas de que puedo hacer algo mucho peor. Quen é Aurora García Ribas
San Tirso, 1948
DG ediçoes - Linda-a-Velha - Portugal PRESENTA
LA FLAUTA DEL SAPO de Aurora García Rivas
Sábado, 6 de xuno ás oito da tarde, nel Auditorio de San Tirso de Abres Intervendrán: Angel Prieto Souto: Presidente Asoc. S. Tirso del Eo Armando López Roca: historiador Marián Suárez García: filóloga Daniel Gouaveia: editor Aurora García Rivas: Autora
Acompañados polos músicos: Eva Rico: guitarra y canción Daniel García de la Cuesta: Harpa Abel Pérez: acordeón
Al final servirase un viño español aos asistentes i a autora firmará exemplares del libro.
ORGANIZA: Asociación Cultural San Tirso del Eo
E agora poño algo escrito por, quizáis, a escritora da nosa terra máis conocida. Non cábe dúbida de que á máis internacional e premiada.
UN FEIXE DE FRAGANCIAS
Nun soporto este feixe de fragancias, nin a engalada das curuxas por derriba das cerdeiras. No alxibe da noite tirita en coiro a lúa.
(Triquilintainas. Trabe. 2007) Premio Escanda de Ouro 2009 prá Asociación San Tirso del EoA Asociación San Tirso del Eo" foi distinguida coel premio que concede anualmente a Sociedad "Los Humanitarios de San Martín, de Moreda" concello de Aller.
El premio denominado «Espiga de escanda de oro», centrado na defensa das tradicióis, foi pra a Asociación San Tirso del Eo que competiu con outras dez candidaturas. El xurado resalta el traballo deste colectivo en favor da «recuperación da cultura tradicional», incidindo sobre todo nas distintas actividades que pon en marcha, «tales como el proiecto de transmisión oral i el archivo da palabra, el día internacional da llingua materna i el encuentro de portadores de tradición oral, potenciar a difusión da cultura autóctona entras xeneracióis máis novas i polo sou carácter dinamizador, plasmado na continua participación na vida social y cultural" da nosa terra.
Un saludo especial pra Angel Prieto, presidente da Asociación San Tirso del Eo i para todos os integrantes i colaboradores de este colectivo.
El premio A escanda de ouro é un pouco noso, de todos os que admiramos el voso traballo. Qué é Belén Rico Prieto
A Veiga, 1959
¿Por qué cantarán os cuquios el 17 de abril, ás sete da tardiquía? Porque el 17 de abril de 2009 todos os cucos anunciarán úa nova que seguramente xa fora anunciada días antes por centos de páxaras brancas. Porque sabemos que condo entra na nosa casa úa páxara branca imos ter úa alegre visita ou recibiremos un regalo. Porque sabemos, xa que deste xeito nos lo fixeron saber os nosos abolos, que condo canta el cuco quen lo escuite terá sorte i vivirá muitos anos. Porque el 17 de abril, ás sete da tarde, condo Belen Rico Prieto presente na Casa de Cultura da Veiga el sou libro "Domingo y os animales" cantarán os cucos pra decirnos que lles gustan as historias i el entusiasmo desta maestra que soubo fer un himno a nosa fala, "A fala escuita" musicado por el grupo Darbukka. Porque condo os cucos canten, cantarán en gallego asturiano, porque as sete da tarde Belén Rico falarános del sou libro i esa é úa búa noticia que debe ser anunciada. Porque os que nun poidamos tar allí... taremos de outro xeito... a través del canto de miles de cuquellos que al mesmo tempo que nosoutros dirán, "silencio... a nosa fala escuita." Escuitemos pos todos a Belén Rico:
Quince nios quince ovos, quince cuquios. Xa chegou marzo marzán, cantou el cuco á tardía. Avisou a zaconela al papo rubio qu`el cuco ladrón outía
En abril pola mañá capóume el cuco Cuco rei, ¿Cuántos anos vivirei?
Un cucó largo apousóu nel silencio.
Inda queda libertá inda hai bocas, inda hai gorxas
Y el cuco vaise en San Xuán. @ Belén Rico Prieto
El libro "Domingo y os animales" editase por a Editorial Nóbel
En Boal falamos chinoVacas en Yunnan, cerca del rio Yangze. Na gasolineira de Boal un día cualquera, núa hora cualquera sempre repítese úa mesma situación. Un homa ou úa muller aparcan el sou coche e piden que el depósito sea enchido de gasoil ou gasolina:
- Énchocho
- Énchemo
- ¿Enchíchemo?
- Xa cho enchín.
Se lo escuita Raquél Murias, a periodista sa Nueva España, dirá que estas palabras son del idioma chino, pois úa modalidad del idioma gallego, según el estudio que ella mesma fexo, nun é. Lo que digan estudiosos i expertos é algo que nin a Raquel nin al home entendido en enbarcacióis lles interesa.
Asturiano nun parece:
- Llénotelu?
- Llénamelu
- ¿Llenástemelu?
- Llenételu
Catalán tampouco:
- Te l`omplo
- Omple-me`l
- El vas omplir?
- Ja te`l vaig omplir
...
Festa del caballo de Zhongdian ¿Quén era Antolín Santos Mediante Ferraría?
Antolín Santos Mediante Ferraría (Taramundi, 1880-Piantón, 1944) (Portada da publicación)
Xoán Babarro, volve a mostrar el sou gran interés por preservar el patrimonio lingüístico cultaral das terras Navia-Eo i failo editando, baixo el parauguas de prestixio da Fundación Pedro Barrié de la Maza, el llibro "Poesía completa. Antolín Santos Mediante Ferraria" Edición de Xoán Babarro Fundación Pedro Barrié de la Maza 2008 Antolín Santos Mediante é un pouco conocido poeta asturiano (En Asturias pei que non interesa conocer i admitir a diversidad cultural i na nosa terra tamos acostumados a nun dar valor a lo que é de noso), un importante poeta da nosa terra i da poesía en gallego asturiano. Coel libro de Xoán Babarro atopámonos con outro exemplo máis dos novos tempos que xa empezan a correr prás terras astures de fala galega nas que algún día seremos conscientes da riqueza que nos pode proporcionar a diversidad que ata agora parecía (pensan muitos) separarnos del mundo moderno i civilizado . El libro fai úa minuciosa referencia á traxectoria vital del "maestro de Piantón" i del sou éxito literario al conseguir coel sou poema "A un molín desfeito" el Premio ao mellor poema en galego na "Festa de Poesía" que organiza a Asociación de Prensa del Círculo das Artes de Lugo, durante el San Froilan de 1925. Babarro transpórtanos á época del "poeta de Taramundi", achéganos al gallego asturiano que se falaba hai us oitenta anos, a úa época que comenza coa publicación de Follas novas de Rosalía i Aires de miña terra de Curros; fainos partícepes dos arquivos del prolífico autor del que se presenta un estudio da língua i del estilo, clasificando a importante cantidad de textos i puendo a disposición de todos nosoutros a poesía completa de A. Santos Mediante.
(Antolín Santos coa súa familia)
"A un moiño desfeito" Moiño, vello moiño, moiño de Brañavara, que nalgún tempo moías sin sosego nin parada, i agora dórme-lo sono preguiceiro da folganza. ... Quen algún día ver puido que a moenda che sobraba e na súa ialma inda leva pracenteiras recordanzas das troulas que en ti correu na edá da ilusióis douradas, un non sei que de tristura, de melancolía estraña, sinte que o peito lle oprime cando agora te repara sin a bulla i o trafego que sempre te acompañaban, coa presa cegada case, a canle desfeita en táboas, o rodecio sin o eixe, as moas descabalgadas, a muxega toda rota, a porta que xa non zarra, o louxado descoberto i a cangaxe apodrentada; ...
"O zoqueiro de Louside"
Facendo pares de zocas vai de lugar en lugar polas casas dos labregos, sin que abasto poida dar. ... Pide o banco de zoquear, un cepo erquido en tres pés, que se movelo é preciso, dálles que xemer a tres.
E no cabanón do carro, no curral ou ben na eira, empeza logo a brocear nos tarugos da madeira.
O pau nas maus del n`é pau, pois tan ben o laborea, que branda cera parece por acernado que estea. ... (El poema "O zoqueiro de Louside" é versionado polo grupo musical DarbuKKa)
A forma de propiedad máis antigua del noso ordenamento xurídico
Os montes vecinais en mao común son benes "indivisibles, inalienables, imprescriptibles e inembargables", non tarán suxetos a contribución algúa de base territorial i a súa titularidad dominical corresponde, sin asignación de cuotas, aos vecios titulares de unidades económicas, con casa aberta con fumos ou residencia habitual nas entidades de poboacióis ás que tradicionalmente houbese tado adscrito el sou aproveitamento. Trátase da forma de propiedad máis antigua del noso ordenamento xurídico e recordo vivo del xeito de vida i de traballo del pasado máis remoto Os montes vecinais en mao común foron obxeto de un gran expolio, dúa "expropiación sen compensaciois", na que úa importante riqueza económica de recursos, non sólo forestais, úa riqueza natural xeneradora de desenvolvento económico deixaron, salvo excepciois, de beneficiar diréctamente aos vecios, quitandolles el dereito al sou cuidado i aproveitamento. Sobre este tema hai bibliografía abundante (García de Enterría, Raúl Bocanegra....) pero neste espazo vamos referirnos al libro del Ex-presidente asturiano Juan Luís Rodriguez Vigil "Los montes comunales y vecinales de Asturias" Ediciones Trea SL 2005. A obra de Vigil sirvenos como exemplo, demostración i proba de como ocurriron as cousas, pero tamén de como, a pesar de todo, úa forma de propiedad que se remonta asta épocas primitivas chegou aos nosos días e "sigue vixente". El libro de Fernádez Vigil fai referencia a un caso concreto, el de Grandas, i certifica este tipo de sucesos: El caso exemplar dos montes de Grandas de Salime ... Deste xeito, úa parte dos montes del concello de Grandas de Salime, igual cos da Mesa, tan actualmente inscritos nel Rexistro da Propiedad de Castropol a nombre del Aiuntamento de Grandas, mentras que outros, que antias da desamortización tían idéntica caracterización xurídica, forman indivisos; son propiedad de comunidades vecinais en mao común ou, por fin, pertenecen a úa Administración pública distinta da municipal, concretamente al Principado de Asturias en tanto que sucesor del ICONA, quen los comprou alló polo ano 1970.
En 1889, mediante convocatoria feita polo "Aiuntamento" de Grandas de Salime, os habitantes dos lugares de Villa de Grandas, Busmaior, Malneira, Villabole, San Xulian i Pedre, Castro, Valdedo, Villarmallor, Escanlares, Robledo-San Felix i Penadrada, Arraigada, Vitos, Magadán, Muralla, Trabada, A Coba, Llandepeneira i Mazo, Folgosa, Monteserín Pequeno, Penafonte i Silvallana, Vega de Cunia, Pelóu i Armilda, Airela, Penafurada, Bustelo, Salime i Buspol, Aviñola, Brañola i Monteserín Grande, solicitaron a exención de venta pública dos montes comunais que dende siglos atrás vía sendo obxeto de aproveitamento común vecinal en cada un dos poblos, significando que, al menos, dende 1835, esos montes nun foran arrendados nin se fixera ningún pago polo sou aproveitamento. (Documentación obrante nel Aiuntamento de Grandas)
Inda que todos esos montes procedían de antiguos foros, os vecios alegaban que los compraron oas sous antepasados, xunto cos dereitos señoriais da Mitra i del Cabildo Oventense, acolléndose a lo disposto polo Real Decreto de 5 de maio de 1732, dictado por Felipe V, adxuntando probas de que os vecios dos distintos poblos de Grandas de Salime pagaran en 1777 un millón setecentos sesenta i cuatro mil maravedís pro verse ceibes dos dereitos señoriais obstentados por el Cabildo i a Mitra de Oviedo. Concretamente, os gravámenes que redimiran eran os que el Obispado percibía por " penas de cámara, sangre, gastos de xusticia, gados, monstrencos, veda de caza i corta de árbores.
....
Bacotexo. A revolución que empeza nel inverno da Nosa Terra
Na nosa terra, na terra Navia - Eo empezou úa revolución, e a música ponla un grupo de Rock,
Ouguir musica Rock en gallego asturiano é algo que podía ser inimaxinable, pro é úa realidad, i esa realidad fainla posible os rapacios de Bacotexo. Os camios da nosa terra vanse enchendo de xente nova i de follas pequenas callendo nel tarren. Esqueiceremos as xeladas, prometeremos escuitarvos, i despós de atravesar paraisos secos, esquivando sombras que otros deixan, despós de sentir a sal del olvido nos llabios, despós de noites de inverno nos que a nosa fala nun existía, despos de ter que apagar as lluces pra evitar el nordés i el afogo del dolor i da vergonza de non poder ser nosoutros mesmos, despós dúa llarga e pesada noite, chegaron as canciois de acougo i de calor, as cancióis da revolución das palabras, as cancióis de aveiro i amor. Trouxolas Bacotexo, trouxolas xente nova de Mántaras, Serantes, Tapia i Boal, i recollendo el pouso que deixaron os vellos que falan sonidos que durmiron nun papel, estoupou úa granada de amor. El tempo ruín xa pasou, esta noite os mozos de Bacotexo son os ases de corazois i erguendo el tempo da incredulidad.... aquí tan pra decirnos a todos que a nosa cultura é cultura de letras grandes, de música de hoi, i regalan un tesouro que todos debemos saber apreciar.
¿Quén é Pepe el Ferreiro?Pepe el Ferreiro Grandas de Salime Pepe el Ferreiro é el "alma" del El Museo de Grandas, qué é como a xente chama al Museo Etnográfico de Grandas de Salime. Acordome dúa reunión, alló polos anos oitenta, na que asistiron arquelogos, responsables de patrimonio cultural del Principado de Asturias e defensores da cultura das terras Navia Eo. Discutíase sobre se era millor que os museos tuvesen en Oviedo, cerca da universidad, cerca dos estudiosos, en llugares de gran afluencia de público. Defendían algús que nas localidades de orixen das pezas de interés, podían existir copias, ben feitas, pero copias. E Pepe el ferreiro díxolo claro, ¿Queredes levar a moza e que nosoutros nos quedemos cúa fotografía da moza? Pepe representa un modelo a seguir, e él sabe que eu opino ésto. É un exemplo vivo de como a protección e a defensa da cultura propia é síntoma e requisito del desenvolvemento, entendido tamén como progreso económico. Ese espiritu pode tar nun artesano que fai galochas, pode tar nun empresario que inicia úa empresa de elaboración de embutidos seguindo técnicas que respeten os productos tradicionais, pode tar nun restaurante que sabe cocinar e presentar con xeito os productos da terra, pode tar núa universidad que sabe investigar e dar el lugar que merece al idioma propio dúa comunidad, pode tar nun Concello que sabe promocionar a cultura real e auténtica, que é a que se fai pra propia sociedad e non pra os turistas. "Durante anos sufrín muitímo con este museo. Encontrei úa incomprensión tremenda. Este museo costoume tamén lágrimas. Pasei por tolo por prestar atención a estas cosas, que non significan nada pra muita Xente. No se entende que alguen poda recoller cousas antiguas, abandonadas...Pero si ignoramos el pasado, ¿qué futuro imos ter? Eu admiro a Pepe el Ferreiro.
Espazo agradecido
Con motivo da IV Escola Fermín Penzol, organizada pola Universidad de Vigo, xuntámonos en Ribadeo, pra recitar poemas, varios escritores das terras Navia Eo: Aurora G. Ribas, Lucía Iglesias, Belén Rico Prieto, e eu mesmo. Tamén dende Galicia chegaron Xabier Xil Xardón, Silvia Penas e Isaac Xubín. Teño que decir que esta oportunidad foi realidad gracias al Cordinador da Escola, Xosé Henrique Costas e a Suso F. Acevedo que coa publicación del sou libro "A herdade que nós temos. Historia e escolma da prosa do Eo-Navia" lleva tempo en contacto con todos os escritores da nosa terra, transmitíndonos un respeto e un querer que vale e axúdanos muitísimo. ¡Gracias Quique Costas! ¡Gracias Suso F. Acevedo! ¡Gracias Quique, Gracias Suso!
De ese sentimento de agradecemento neceron os seguintes videos: IV Escola Fermín Penzol en RibadeoEl Auditorio Municipal de Ribadeo acolleu os días 7 i 8 de novembro a cuarta edición da Escola Fermín Penzol que organiza a Universidade de Vigo coa colaboración del Concello de Ribadeo i a Asociación Cultural Santirso del Eo.
As xornadas foron inauguradas el venres ás cinco da tarde polo rexedor de Ribadeo, Fernando Suárez e polo coordinador da Escola Fermín Penzol, Xosé Henrique Costas. A conferencia inaugural foi pronunciada ás cinco e media da tarde por Suso F.Acevedo i versou sobre Historia e escolma da prosa Eo-Navia, presentando sou libro "A herdade que nós temos". Ás seis e media da tarde haubo un recital de poetas de Galiza e da terra Eo-Navia nel que participaron Aurora G.Rivas, ( San Tiso de Abres) Lucía Iglesias, (Samartín de Ozcos) Quique de Roxíos, (Boal),Belén Rico Prieto, (A Veiga), Xavier Xil Xardón, Anxo Ratel, Silvia Penas, Eva Moreda, (Ribadeo),e Isaac Subín. Xa para as oito representouse a obra teatral "A casa de Bernarda Alba" pola Escola de Teatro de Ribadeo. O sábado a xornada deu comezo ás nove i media da mañá coa conferencia "El teatro no Eo-Navia", a cargo de Rita Bugallo. Ás dez i media pronunciou úa charla Carlos X.Varela Aenlle sobre Fotografías antigas do Eo-Navia. Para as doce celebrouse úa mesa redonda sobre "Presente e futuro da música tradicional en Galicia i no Occidente de Asturias" na que interviron Abel Pérez Méndez, director da Escola de Música Tradicional de Santirso de Abres i Xaquín Xesteira, membro de Treixadura Gaiteiros i profesor de gaita na Universidade Popular de Vigo. Á úa e media tuvo lugar úa homenaxe musical i literaria da Escola Fermín Penzol nel cemiterio de Castropol; ás catro e media visita guiada polas terras do Eo-Navia con visita al Museo del pan de Santa Eufemia i ás nove da noite magosto popular nos Teixois, en Taramundi. Mes da edra
Culto a os árbores: Dicen que os poblos celtas tían un úa gran preocupación i respeto pola vexetación. Consideraban aos bosques chios de vida. Os símbolos da súa relixión atopabase en todas partes: nas árbores, nos páxaros, nos montes unde os deuses vivían. Culto especial representaban as aguas, entre as que destacaba a deusa Navia. El calendario celta empeza el 24 de decembro, tras el solsticio de inverno, representado por úa arbore ben bonita, pola bidureira. As estaciois del ano que agora conocemos correspóndese, según afirman estudiosos del tema, con catorce estaciois determinadas polos sacerdotes celtas, cada úa representada por úa árbore: A edra (del 30 de septembro al 27 de outubro) A edra viaxa a todos os llugares. Extendese feliz e progresa en muitos sitos unde ningúa outra planta sobreviviría. Tamén é conocida pola súa determinación por superar os obstáculos hacia á lluz. A edra protexe aos nacidos del 30 de septembro al 27 de outubro. Dicen que os nascidos neste periodo destacan pola súa capacidade pra crear redes e luitar polos obxetivos persoales e propósitos da súa “causa”, sían os que sían. ¿Quén era Benjamín López?
(Boal, ¿? , 1965) Este verao úa amiga comentoume que foi á biblioteca de Boal pra buscar un libro de poemas de Benjamín López. Case non lo podía crer, pro na biblioteca de Boal non existe tal poemario. Eu incorporo al blogue un orixinal, tal e como foi feito i editado en vida de Benjamín... algo rañado polos ratos, descolorido polo paso del tempo... pro penso que é a millor denuncia da non existencia dúa publicación merecedora e digna que mostre el respeito polo noso poeta boalés, porque Benjamín López é fillo de Boal: El encanto diario Sabeis por qué nos peñascos nun salen duendes nin hadas, nin por el pico del "Cuco" as princesas encantadas vestindo trajes de seda chíos de perlas amuntuadas que dan brillos de rellustro condo un quere mirallas?
Tampouco salen nubreiros en tormentas enfadadas revovendo c`ol sou palo as nubes engavelladas dunde salen as centellas condo ruxen as tronadas.
Tampouco salen os trasnos con cadenas arrastradas meténdoye medo a xente nas invernosas noitadas. ...
Existe un libro póstumo titulado "Montañas de la costa verde" nel que, como reconoce Francisco-Xavier Frías Conde "apreciase el sou tipo de poesía, mui achegada as costumes populares, un canto á terra e ás súas xentes" nos que Benjamín "rompe el monolitismo da cultura uniformadora pra que humildemente a llingüa das montañas da conca del Navia apareza nel papel." Sirvan estas pallabras como homenaxe a Benjamón López.
Etnografía en Roxíos
En Roxíos comenzamos as milloras del patrimonio etnográficio del 2008. El ano pasado foi un éxito total a reparación del molín. El llouxado del forno quedou muito ben. Este ano intentarase úa importente millora nel llagar de viño ( A bodega foi construida alló polo ano 1870) e milloraremos el interior del forno. (El forno seguramente ten máis de douscentos anos) El da foto é un lagar de sidra, pro el de Roxíos responde al mesmo esquema.
Recordo aquí os colaboradores del ano pasado:
blogue sobre el gallego asturianoEl gallego que se fala en Asturias é el noso idioma i non deberiamos perdello. Non é un tema que sia necesario discutir. Os que sentimos orgullo por ser falantes del gallego asturiano somos muitos... A normativa debe tomar como referencia a normativa gallega, del mismo xeito que nas Baleares toman como súa a normativa del catalán sen deixar de ser ciudadaos das "Illas Balears".
Outros opinan de forma distinta.
El bloque gallego de asturias/ gallego asturiano intenta ir recollendo opiniois e estudios publicados sobre el tema. Non é tarea fácil. Pode que imposible se nun conto con axuda dos internautas que me podan enviar información sobre el asunto.
Nun fai falta discutir, pero si conven escuitar... i leer algo.
Nun se discute si somos gallegos ou asturianos, lo que se discute a como debemos protexer el noso idioma. El que opina doutro xeito pro ama a nosa fala, nun é un adversario... é un amigo, pode que un irmao... e algús temos en común el mesmo idioma... úa fala del corpus ligüístico gallego que chamamos gallego asturiano.
Quique Roxíos
...El gallego de la zona es tan autócto como el bable en el resto de Asturias..
Perfecto Rodriguez Fernández ¿Quén é Corín de Viavélez?
María del Socorro Tellado López (25 de abril de 1927, Viavélez, El Franco, Asturias), “No era guapo, sin embargo tenía una mirada color cielo al amanecer que la turbaba. Desde que lo vio la primera vez supo que había encontrado lo que su corazón ansiaba. Con él era capaz de pasar toda su vida sin pensar en nada más”. Coñocida como Corín Tellado, escritora española profesional de novelas románticas. É a escritora española máis lida despós de Miguel de Cervantes, figura no Llibro Guinness de os Récords - 1994 - (edición española) como a autora máis vendida en llingua castellana.
A UNESCO declara que Corín Tellado é a autora máis leída en castellano despós da Biblia i de Cervantes. Eso sí, Corín escribiu 5000 novelas.
El amor esquivou a Corín Tellado "Nacín un veinticinco de abril, domingo i as oito da mañá, lo que indica, según a carta astral, que son un ser humano con sorte. Sentimentalmente, tuven a mia estaxa desafortunada, pero non me queixo, busqueila eu mesma porque a mia parexa, pese aos papeis que nos casaron, peime a mín que nunca soubo corresponder al sagrado deber de dar la felicidad, nin por ruín, nin por bon, sencillamente eu son úa persona sensible i non acertei el escoller..."
Auguas da nosa terra
As auguas da nosa terra axudan, del mesmo xeito que todas as auguas del mundo, a que el xogo da vida seña posible.Por eso as auguas dos nosos rigueiros, dos nosos embalses, dos nosos árbores.... tan presentes e participan tamén nas exposiciois divulgativas organizadas pola "Obra Social de Caja Madrid" baxo el título "Los colores del agua": (Ver exposición virtual) Un dos millores administradores del augua coñocidos é el árbore. Cada castañeiro de us noventa anos (como os que cuidan el molín de Roxíos), sobre os que choven us 1.000 llitros de augua por metro cuadrado, terá no interior del sou corpo úas nove toneladas de augua, sobretodo nas 20.000 follas que visten as súas canas. Al cabo del ano cada un desos castañeiros devolve á atmósfera, por transpiración, 44.000 llitros de augua e tres millois de llitros de osíxeno. Por eso os bosques e grandes arboreda, unde hai muita máis augua que nos rios, poden definirse como llagos enmazcarados. A chuvia aumenta de media un 15% nas zonas de arboreda. (Molín. Foto Quique Roxíos)
(Gabriel Miró) Noite de San Xoan
Condo eu era un neno, acórdome de que a mia tía América, que tantas historias me ten contado, decíalle a úa vecía, nova i guapa moza casadeira de nome Albina, que na noite de San Xuán, xustamente as doce da noite, botase un ovo dentro de un vaso de augua e que lo deixase na parte de fora da ventá, al sereno toda a noite. Se a mañá seguinte, al ameicer, as partes bracas e marellas del ovo formaban un barco eso quería decir que nel ano seguinte atoparía marido.
El asunto parece fácil pro non é tanto xa que fer el embruxo as doce da noite é madrugar pra ver el resultado al ameicer son requisitos que comprican abondo el tema a certas edades. A moza vecía atopou marido, inda que non ocurriu naquel ano, inda que, según parece, non acababa de ver un barco nas formas que as ánimas de outros mundos quixeron concederlle.
Bibiana Aido "miembra" de honor de este espacio Reunido el Comité Executivo del Espacio de Quique de Roxíos acordouse por aclamación, que ante os ataques recibidos pola ministra de Igualdade i a polémica suscitada polo uso da palabra inexistente "miembras" parécenos axeitado, nun sito que non respetamos a normativa del galego al escribir en gallego asturiano, declarar a Bibiana Aído "Miembra de honor" de este espacio virtual.
Esta decisión nun supón desacato das instrucciois da Real Académia de la Lengua Española que dice al respecto:
Este tipo de desdoblamientos son artificiosos e innecesarios desde el punto de vista lingüístico. En los sustantivos que designan seres animados existe la posibilidad del uso genérico del masculino para designar la clase, es decir, a todos los individuos de la especie, sin distinción de sexos: Todos los ciudadanos mayores de edad tienen derecho a voto. La mención explícita del femenino se justifica solo cuando la oposición de sexos es relevante en el contexto: El desarrollo evolutivo es similar en los niños y las niñas de esa edad. La actual tendencia al desdoblamiento indiscriminado del sustantivo en su forma masculina y femenina va contra el principio de economía del lenguaje y se funda en razones extralingüísticas. Por tanto, deben evitarse estas repeticiones, que generan dificultades sintácticas y de concordancia, y complican innecesariamente la redacción y lectura de los textos. " Pero pretende chamar a atención sobre el problema escondido detrás de úa polémica, porque algún problema debe haber condo é evidente que estas instrucciois da "Real Académia de la Lengua Española" son incumpridas sistemáticamente por políticos/as, sindicalistas, profesores/as, empresarios/as, ciudadanos/as... un problema que é evidente que enmazcaramos al usar a linguaxe, un problema que ten un nome: desigualdade. Cousa distinta é que muitos e muitas pensen que a solución é tan simple como utilizar este tipo de desdoblamentos.
testigo de un reencontro
Barcelona cellebrou el domingo 15 a recuperación del Castello de Montjuïc. 40.000 visitantes, autoridades del Estado, da Generalitat de Cataluña e del Concello de Barcelona. Pro lo que quero destacar é el concerto del valenciano Raimon, todo aquel público escuitando e disfrutando das fermosas lletras das cancióis del cantautor, lletras sencillas que falan da ánsia de libertad, da esperanza que debe ter sempre un poblo no sou futuro. "Este é un homenaxe a todas as persoas que foron sentenciadas aquí polas suas ideas, como el presidente da Generalitat, Lluís Companys. Desexo que cousas como estas non volvan a pasar nin aquí nin en Guantánamo" El concerto tuvo lugar no mesmo sito nel que foi fusilado el Presidente da Generalitat de Cataluña, Lluis Company. Si daquén pensa que nin Raimon nin os sucesos acontecidos nel Castello de Montjuïc tein nada que ver coa nosa terra, manifesto a mía discrepancia, porque as canciois de Raimon e os valores universales son, como él mesmo dice, de todos nosoutros, sempre que teñamos a cara, el corazón, as maos e os ollos al vento.
Al vento, a cara al vento. el corazón al vento, as maos al vento, os ollos al vento, al vento del mundo.
I todos, todos chios de noite, buscando a lluz, buscando a paz, buscando a deus, al vento del mundo.
A vida danos penas, xa el nacer é un gran choro; a vida pode ser ese choro; pro nosoutros
Al vento, a cara al vento. el corazón al vento, as maos al vento, os ollos al vento, al vento del mundo.
I todos, todos chios de noite, buscando a lluz, buscando a paz, buscando a deus, al vento del mundo. ------- Al vent, (1959) Mil anos de oración¿Veste como úa persoa diferente condo cambias de rexistro llingüístico? Según un proverbio chino pra cruzar un rigueiro núa chalana con daqúen, fain falta trescentos anos de oración, e pra compartir lleito cúa persoa fain falta mil anos de oración.
A pelicula "Mil anos de oración" dirixida por Wayne Wang i triunfadora da pasada edición del Festival de Cine de Donostia, unde conseguio a Concha de Ouro á mellor película i a Concha de Prata al mellor actor (Henry O) prantexa úa teoría:
Condo falamos un idioma non somos a mesma persoa que condo falamos outro.
E a protagonista aprende a decir en Inglés aquello que non aprendeu a manifestar no idioma natal.
Pode que a teoría podamos observalla en nosoutros mesmos.
¿Quén é Xoán Babarro González?
Xoán Babarro González
Calvelo de Maceda (Ourense), 1947 Catedrático de Lingua e Literatura galega.
Hoxe, día inagural da feira del Libro en Madrid, eu recibin un lindo regalo, el libro de contos "Mouchiño Mou" de Xoán Babarro González. (Editorial Galaxia, 2007).
Trátase dun conto feito poesía, allegre, instructivo, divertido. Un llibro que achega al neno al comenzo da vida, aos momentos da dependencia máis abosoluta dos proxenitores, que pemite falarlles da importancia da alimentación, del desafio de prepararse, de arrivinarse, dende os primeriros pasos, pra superar as dificultades, pra caminar na procura dos primeiros logros i salvar el encontro cos primeiros medos e tropezos. El conto fala de superación; tamen dos choros, tamén das risas; da importancia del aprendizaxe i da escola. Un instante de lectura precioso, agradable, placenteiro. É un llibro verdadeiramente bonito i tanto el conto de Xoán como as ilustraciois, de David Soler, non poden definirse de outro xeito que non seña el de "pequena obra de arte" Xoán Babarro González
... Na vella sobreira que bebe no rio naceu unha noite no medio do frio...
Pequerrechiño... abultaba menos que un dedo maimiño ...
Xoán Babarro é ademáis de importante creador de lliteratura infantil, autor de teatro, de ensaio e profundo coñocedor e amante da cultura da nosa terra, (Navia-Eo) cousa que queda acreditada no ensaio: "Galego de Asturias. Delimitación, caracterización e situación sociolingüística, 2003" e na antoloxía de poesía da terra Navia Eo "Évos un amaicer mui guapo" (Universidade de Vigo, 2007).
Muitas gracias Xoán, por el tou bonito presente e por a dedicatoria.
¿Quén era Alfonso Iglesias López de Vivigo?Alfonso Iglesias López de Vivigo. Sacrificio -Que libertá tienen hoy les moces ¿eh, Pinón ?... ¿Cuántu daríes por tar solteru ?... -Daría... ¡¡ La muyer !!...
En el Naranco -Vaya...Pa mí estí cuadru...¡Ye un descubrimientu...! -¿Ves algo bueno en él, Pinón ? -Claru: ¡"la Pinta", la "Niña" ...y la Santa María....!
Tragedia -Ay, Pinón del alma, que perru me mataste.....Pero ¿por qué no´i pegaste con el mangu.....? -Home...¿por qué non me mordió él con el rabu...?
(Madreñogiro) Marcio Mello¿Qué tal entendemos el brasileiro? A Barcelona, dende Salvador de Bahía, pra inagurar el "19é festival de música creativa i jazz de Ciutat Vella", enmazcaradas de musicas distintas, punk, rock, bossa nova... chegaron canciois que son bonitas poesías e que falan das cousas importantes.
(Autografo dedicado a Quique) "Kique, com carinho, Marcio Mello" 19º Festival de Música Creativa i Jazz de Ciutat Vella.
as ideias brotam na minha cabeça ideias de amores as ideias brotam na minha cabeça ideias de filme as ideias brotam na minha cabeça ideias de ir embora as ideias brotam na minha cabeça as ideias Isso me Doia Eu me dei todo pra você Eu sempre fui legal com você E isso me doía... Día das lletras da Nosa Fala
Hoxe nun ameiceu como un día cualquera, as ondas hertzianas trouxeron úa noticia, hoxe, 17 de maio, é el día das lletras gallegas... i as lletras gallegas son as nosas lletras. As lletras non conocen de fronteiras i millor que seña deste xeito. ¿Podemos os falántes del galego de Asturias celebrallo conxuntamente coel resto de falantes del noso idioma? ¿Hai algúa inconvencia en celebrallo el día que poxo a Real Academia Galega alló por el ano 1963 coincidindo coel centenario da primeira edición de "Cantares Gallegos" de Rosalia de Castro? A min nun se me ocurre ningún motivo pra nun sumarnos á celebración. Dende este espacio quero festexar el día das letras del meu idioma e vou fello compartindo úa poesía, escrita por Celso Emilio Ferreiro, que naceo no ano 1912 en Celanova i que encerrado núa celda, por manifestar un comentario político non estimado adecuado, escribiu el poema "Longa noite de pedra" noite que representaba a dictadura franquista i a opresión.
IRMAUS Caminan ao meu rente muitos homes.
Non os coñozo. Sonme estranos. Pero tú, que te encontras allá llonxe, máis allá dos desertos e dos llagos, máis allá das sabanas e das illas, como a un irmau che falo. Si é túa a mía noite, si choran os meus ollos el tou pranto, si os nosos berros son iguales, como a un irmau che falo. Aunque as nosas pallabras sean distintas, e tú negro e eu branco, si temos semellantes as feridas, como a un irmau che falo. Por enriba de todalas fronteiras, por enriba de muros i vallados, si os nosos sonos son iguales, como un irmau che falo. Común temos a patria, común a lluita, ambos. A mía mao che dou, como un irmau che falo.
(Celso Emilio Ferreiro)
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|